Summer Camp 2017

Actividades

Summer Camp 2017

Summer Camp 2016 Vero Boquete

 

Tras despedir o pasado mes de decembro en Santiago de Compostela a sexta edición do seu Campus de Nadal, A Escola Vero Boquete sigue adiante cos seus proxectos e fai realidade o Summer Camp 2017, un campamento de verán que terá lugar nas localidades coruñesas de Porto do Son e Riveira, do 26 de xuño ao 1 de xullo.

Encadrado dentro das actividades da Escola Vero Boquete, o Summer Camp 2017 ten como obxectivo educar en valores como a igualdade, o esforzo e o respecto a través do deporte.

Este campus estará destinado a xóvenes de entre 8 e 18 anos, que poderán adaptarse a dúas modalidades:

  • INTERNOS / ALBERGADOS: Inclúe adestramentos de fútbol pola mañá (9:30-13:30), deportes náuticos (surf, vela…) e actividades de tempo libre (escalada, senderismo e veladas nocturnas). 
  • EXTERNOS / NON ALBERGADOS: Inclúe  adestramentos de fútbol pola mañá (9:30-13:30). 

Para levar a cabo este Summer Camp, Vero Boquete apoiarase nun grupo de adestradores cualificados e expertos das diferentes tarefas a realizar. Todos eles lle darán aos participantes a mellor das atencións e a posibilidade de vivir unha experiencia única nun ambiente lúdico e deportivo.

SummerCamp Escola Vero Boquete

Ademais, os pobos de Porto do Son e Riveira, ofrecen un marco único. Ás boas instalacións das localidades (campo de fútbol, polideportivo, albergue, piscina...) únese un espazo naturla fantástico (praias, montañas, río...) que permitirán aos participantes disfrutar plenamente deste Summer Camp.

Vero Boquete: “Non encontro mellor maneira de educar que mediante o xogo e o deporte”.

Para a xogadora do Paris Saint Germain supón unha "enorme ledicia" poder seguir adiante cos novos proxectos da Escola Vero Boquete e inugurar o seu campus de verán tras a celebración da sexta edición do seu campus de Nadal.

O prazo de inscripción xa está aberto, pechándose cando se esgoten as prazas dispoñibles.

INFORMACION E INSCRIPCIÓNS:

Email: info@veroboquete.com

Teléfono: 646 974 375

 



Fotos Summercamp


Summer Camp 2016

Descarga a información. Inscribirme!